Na tarde do mércores 27 de marzo, en plena Semana Santa, o Centro Sociocultural Santa Lucía de Vilamartín acollía un acto moi especial, a presentación do primeiro libro dunha veciña, Lucía López García.
Diante dun nutrido grupo de veciños e acompañada pola concelleira Sherezade Núñez, Lucía explicaba que o libro recolle unha serie de historias de amor (de adolescente, a un mesmo…), en forma de poemas que foi escribindo ao longo da súa vida.