A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A volta ciclista O Gran Camiño ao seu paso pola Rúa

 

Un pouco máis tarde do previsto, tralos reaxustes do percorrido polas inclemencias meteorolóxicas, pasadas as catro e cuarto da tarde deste sábado 25 de febreiro pasaban pola meta voante ubicada na Rúa, os corredores da volta ciclista O Gran Camiño.

A etapa raíña desta segunda edición da volta, saía de Esgos preto das dúas da tarde, tendo a meta en torno ás seis preto do Castelo (Rubiá), un dos concellos máis castigados polo lume no incendio de Valdeorras do pasado verán, ao que se lle rendía unha especial homenaxe.

Pola meta voante da Rúa (un dos sprint da carreira) pasaron os ciclistas en tres grupos, a cabeza cuns quince corredores, o pelotón e os rezagados, aplaudidos polo público que seguía a proba ao longo da estrada xeral da vila. Entre os asistentes, o propio alcalde Álvaro Fernández e parte da corporación, así como o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. Tamén pasou pola Rúa, rumbo á meta, o exciclista profesional Óscar Pereiro, un dos organizadores da proba ciclista.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button