CulturaCulturaÚltima hora

A webserie ourensá “Os tempos mortos do Führer” preséntase en Xinzo

 

Os veciños de Xinzo de Limia responderon á chamada do audiovisual galego. O sábado 9 de outubro presentábase na Casa da Cultura a obra Os tempos mortos do Führer e foron decenas as persoas que asistiron e amosaron o seu apoio a un proxecto que ten unha enorme vinculación coa vila, xa que o coordinador, Javier Santana, é natural do concello.

Durante a proxección, de 50 minutos, os espectadores tiveron ocasión de coñecer a que dedicaba Hitler o seu tempo libre, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimentos. Tamén se achegaron a unha exposición cos obxectos máis emblemáticos da web serie dirixida por Daniel Rodríguez.

Esta peza audiovisual satírica de dez capítulos sobre a vida máis íntima de Adolf Hitler na que quedará á vista a súa cara oculta, os seus enredos, problemas e momentos de distensión, é o proxecto de cinco estudantes do Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa, en Ourense, rodada en plena pandemia.

 

Exposición cos obxectos máis emblemátivos da webserie sobre Hitler.

Artigos relacionados

Back to top button