OurenseÚltima hora

A X Andaina de Avión percorrerá o 22 de xullo os montes do municipio ourensán

A saída do evento deportivo está prevista para as oito e media da mañá do domingo

 

Darío Vázquez, Rosendo Fernández e Antonio Montero, na presentación da andaina de Avión.

A Andaina do Concello de Avión, prevista para o domingo 22 de xullo, céntrase nesta X edición nun percorrido pola riqueza castrexa e a prehistoria deste municipio en catro rutas de 4, 9, 14 e 25 quilómetros que percorrerán, con diferentes graos de dificultade, os montes da contorna.

Os percorridos planificados este ano van desde rutas sinxelas ata outras complexas e moi esixentes, como é o caso da máis longa, de 25 quilómetros, “que leva aos participantes polo Coto do castro e onde se poden admirar petróglifos prehistóricos”, explican dende a organización ten previstos avituallamentos ao longo das rutas, agasallos, e ao remate, un xantar de confraternidade. O prezo da inscrición para os nenos de 3 a 10 anos é de 10 euros, e para os maiores desa idade, 20 euros. A andaina comezará ás 8:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button