ConcellosÚltima hora

A X Feira do Viño de Monterrei, do 7 ao 9 de agosto

O Concello de Verín e o Consello Regulador están a manter reunións para a organización do evento nesta vila

A vindeira edición da Feira do Viño de Monterrei xa ten data. Celebrarase do 7 ao 9 de agosto en Verín. Así se acordaba na reunión que mantiñan na mañá do 6 de xullo represantantes do Concello de Verín e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei co fin de “sentar as bases de cara á próxima celebración” deste certame vitivinícola, segundo informaban.

Imaxe da reunión entre o Concello de Verín e o CRDO Monterrei.
Imaxe da reunión entre o Concello de Verín e o CRDO Monterrei.

Neste encontro participaban a presidenta da CRDO Monterrei, Asunción Rodríguez; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo; así como as concelleiras de Turismo e de Cultura, Puri Caldelas e Emilia Somoza, respectivamente.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, intervindo na xuntanza, xunto á presidenta do CRDO Monterrei.
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, intervindo na xuntanza, xunto á presidenta do CRDO Monterrei.

No seu decurso, Asunción Rodríguez indicaba que o consello regulador espera contar coa participación dun maior número de adegas nesta edición da mostra e tamén manifestaba o seu desexo de que este ano se incremente a cifra de 15.000 degustacións acadada o pasado ano.

Por outra banda, o rexidor de Verín manifestaba a “absoluta colaboración, por parte do Concello, de cara á organización do evento”, que se completará cun programa paralelo de actos de promoción gastronómica e carácter lúdico festivo.

Artigos relacionados

Back to top button