Esta fin de semana tivo lugar a XIII Festa da Cabrera, para a que este sábado organizábase o encontro principal en San Pedro de Trones. Con comezo ás 12 horas, os grupos de música tradicional bailaron no Terceiro Festival de Música Tradicional, no que participaron: AC Surcos del Órbigo (León), AFC Orballo de Pontedeume (A Coruña) e AF Aires del Cabrera de Pombriego (León).
Ás 13 horas comezou a recepción de autoridades presentada pola periodista Mónica Domínguez, seguida do pregón, onde numerosos premios fóron entregados ós gañadores. O alcalde Julio Arias encargouse de nomear, felicitar e otorgar o premio ós numerosos congratulados nesta xornada, que empezaron polas tres persoas máis maiores do concello, Delia, de 97 anos, María Amparo tamén de 97, e Agustín de 95 anos. Os catro grupos de folclore que participaron recibiron por igual o trofeo.
Especialmente o alcalde quixo recoñecer a dúas familias polo seu traballo, polo seu investimento no pobo, por xerar emprego e ofrecer sempre a súa axuda ao concello cando se lles precisa, cun discurso no que valoraba e agradecía a súa labor polo pobo e eran compensados cun trofeo e un ramo de flores para a lembranza.
Para finalizar Julio Arias tivo un detalle con Mónica Domínguez, presentadora de “Cuatro al día”, que cun ramo de flores e o galardón recordaba a súa infancia e os valores obtidos de crecer rodeada de toda esa xente. “Sempre é un orgullo volver a terra na que creciches, e aínda de ser berciana os meus avós eran de aquí, e hoxe podo lembrar que eles inculcáronme moitos valores e emocióname recordar o tempo pasado, faime relembrar de onde son e de onde veño”, declaraba conmovida.
Posteriormente tiña o seu turno o catering contratado, ManteSil, que cun menú composto de: empanada, entremeses, costela asada con patacas, e rosca típica de San Pedro acompañada de café, chupitos e bebidas variadas deu de xantar a máis de 700 personas que participaron da comida.
Pola tarde estaban organizados máis folclore e uns inchables para os nenos que coa tormenta tiveron que ser cancelados. Aínda así déronse ós concertos co grupo “Radar” en primeiro lugar, e despois chegaría o turno dos esperados “Mago de Oz”, que levaron como teloneiros ó grupo “Interés Variable”, provintes de Ponferrada.
Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos
Fotos: Carlos G. Hervella