ConcellosEconomíaEconomíaEn portadaO BoloÚltima hora

A XIV Festa da Vitela no Bolo incluirá unha feira de produtos tradicionais e música

Celebrarase o 30 de marzo no pavillón municipal a partir das 14 horas

Festa da Vitela no 2023./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello do Bolo está ultimando os detalles da XIV edición da Festa da Vitela. Un evento gastronómico tradicional neste concello valdeorrés que este ano terá lugar o sábado día 30 de marzo, ás 14 horas no pavillón polideportivo do Bolo, cunha feira de produtos tradicionais no que os produtores locais terán prioridade, como novidade.

A Festa da Vitela contará nesta ocasión con 500 entradas para degustar un menú composto a base de sopa, vitela (carne de tenreira) e chourizo, ademais de roscón, bica e café, que se porán a venda a partir do 10 de marzo a un prezo de 18 euros.

Este ano para o fin de festa haberá unha discoteca móbil que se instalará no recinto exterior do pavillón. Nesa zona instalarase unha carpa na que ademais da música despois do xantar estarán os postos da feira de produtos tradicionais. Nestes intres hai confirmada a asistencia de produtores de embutidos locais, xamóns, mel e viño. Ademais están invitados outros elaboradores de queixos, aceite, licores e artesanía. Os postos estarán abertos dende as 11 da mañá ata as 21 horas e estarán amenizados pola música no recinto e un bar.

 

Vista do Bolo dende a torre do Castelo./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button