ConcellosÚltima hora

A XL Feira do Viño do Amandi suspéndese “de xeito provisional” ante o coronavirus

O Concello de Sober "buscará unha nova data en consenso cos adegueiros, unha vez que a situación mellore"

 

A través dun bando, o Concello de Sober vén de anunciar, entre outras medidas, a “cancelación de todas as actividades lúdicas, culturais e deportivas, aínda que se manterán abertas as instalacións para calquera urxencia que poida xurdir”. Tamén se comunica que se suspende de xeito provisional a “XL Feira do Viño de Amandi, prevista para o 18 e 19 de abril, á que se lle buscará unha nova data en consenso cos adegueiros unha vez a situación mellore”.

Ademais suspéndese “a presentación do Mes do Amandi prevista para o sábado 21 de marzo e as actividades previstas para ese mes”, sinala o alcalde, Luis Fernández Guitián.

Na Oficina de Turismo recoméndase a consulta telefónica e a “comunicación preferemte coas oficinas do Concello por medios telefónicos ou telemáticos limitando ao estritamente imprescindible a atención persoal para minimizar o risco de cidadáns e traballadores”, tal e como indica o rexedor.

E recoméndase “non asistir a eventos nos que poida haber aglomeracións de xente, como feiras, mercados ou outro tipo de actos que poidan preverse multitudinarios”.

O bando indica ademais que o “Concello de Sober articula estas medidas por coherencia e responsabilidade e tendo en conta as recomendacións e as medidas tomadas desde o Goberno do Estado e desde a Xunta de Galicia”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button