EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XLI Feira do Viño de Quiroga incluirá unha xornada para pór en valor a viticultura heroica

Botellas de viños participantes en edición anteriores da Feira do Viño de Quiroga./ Cedida.

 

Continúan as reunión da comisión organizadora para o avance da que será a XLI Feira do Viño de Quiroga. A novidade anunciada polo coordinador da parte vitivinícola, Pablo González, centrarase na xornada anterior ao fin de semana da feira, o venres día 7 de abril.

Ese venres será unha xornada na que se poñerá de manifesto a viticultura heroica. Pola mañá nunha mesa redonda aberta falarase sobre este tipo de viticultura. O embaixador do Cervin (Centro de Investigación, Estudo, Salvaguarda, Coordinación y Valorización de la Viticultura de Montaña) en Canarias, adegueiros das Illas Canarias e o adegueiro Pablo González, en representación da Ribeira Sacra, presentarán a forza, a tenacidade e a paixón con que os viticultores traballan nas zonas que producen “Vins Extremes”, onde as condicións para producir viño son unha loita continua.

Pola tarde un “Tunel do Viño”, como matiza Pablo González, trátase dunha exposición de viños de varias rexións no que ademais de ver os viños poderanse probar. Para elo contarase cos alumnos do ciclo formativo de Servizos da Escola Belarmino Fernández Iglesias de Sober, que farán as funcións de sumiller. Expertos catadores realizarán unha cata a cegas con algúns dos viños participantes neste Túnel do Viño.

Artigos relacionados

Back to top button