EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XLI Feira do Viño de Quiroga ponse en marcha enxalzando á viticultura heroica

 

Na mañá deste Venres Santo poñíase en marcha a XLI Feira do Viño de Quiroga. Serán tres días cheos de actividades nas que o viño será o protagonista indiscutible. A xornada de hoxe é o día no que se pon de relevo a importancia da viticultura heroica. A Casa da Cultura quirogesa acollía unha mesa redonda aberta na que se falaba sobre este tipo de viticultura.

O embaixador do Cervim (Centro de Investigación, Estudo, Salvagarda, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) en Canarias, Manuel Capote, adegueiros das Illas Canarias e o adegueiro local Pablo González, en representación da Ribeira Sacra, presentaban a forza, a tenacidade e a paixón con que os viticultores traballan nas zonas que producen “Vins Extremes”, onde as condicións para producir viño son unha loita continua.

Viños canarios e viños da Ribeira Sacra están en zonas consideradas heroicas pero dentro desta similitude son viños distintos aínda que todos igual de bos, segundo as conclusións desta mesa redonda.

 

 

Hoxe pola tarde haberá un “Tunel do Viño”, a partir das 18h. na praza Maior. Ademais, unha exposición de 43 viños producidos na Ribeira Sacra e nas Canarias, representando a estas illas estarán as adegas El Lomo (D. O Islas Canarias), Comarcal de Güimar (D.O Güimar) e Domínguez Cuarta 4 Generación (D. O Tocorante- Acentejo).

Non faltarán as catas oficiais dos viños, nos que expertos catadores realizarán unha cata a cegas dos viños canarios con premios aos mellores. O túnel do viño contará cos alumnos do ciclo formativo de Servizos da Escola Belarmino Fernández Iglesias de Sober, que farán as funcións de sumiller.

Fotos: Concello de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button