EconomíaEconomíaÚltima hora

A xornada técnica “Non te arrisques, contrata seguridade”, no Barco

Celebrarase o vindeiro 22 de novembro ás 19:30h. no salón de actos da Casa Grande de Viloira

 

“En construción de vivendas, rehabilitación e reformas, busca Responsabilidade Social Empresarial (RSE), busca garantía, legalidade e profesionalidade”. É a mensaxe que lanzan os promotores da xornada técnica “Non te arrisques, contrata seguridade. Non ao instrusismo!!”, que se impartiráo vindeiro xoves, día 22 de novembro, ás 19:30 h. no Salón de Actos da Casa Grande de Viloira (O Barco).

A xornada, con tres relatorios, está organizada pola Asociación de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO) en colaboración con AEVA e coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. A sesión comezará cunha presentación da campaña de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) “Non te arrisques, contrata seguridade. Non ao instrusismo!!” da man de Cesáreo Fernández Ríos, secretario xeral da ACO. Despois intervirá Ruth Cobo Rodríguez, de Inspección de Traballo de Ourense, quen falará sobre “Economía somerxida. Obrigas do promotor e desprazamentos transnacionais”.

Ademais, o avogado José Ricardo Pardo Gato, técniso superior PRL, impartirá a ponencia “Responsabilidades civís, administrativas e penais das comunidades de propietarios por obras”. Despois abrirase un turno de rogos e preguntas.

Artigos relacionados

Back to top button