
Durante a súa comparecencia ante os medios despois do Consello da Xunta, o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, vén de anunciar a suspensión das clases en todas as etapas educativas en Galicia desde o próximo luns e ao longo de catorce días. Ademais daba a opción de que os alumnos xa non vaian xa ás aulas dende mañá venres, “se é posible”. Suspéndese a “actividade lectiva e extraescolar”.
Esta é unha das medidas o goberno da Xunta vén de adoptar para “minimizar” o impacto do coronavirus. Ademais a Xunta tamén acordaba pechar todos os centros comunitarios dende mañá, limitar a concentración de persoas en espazos pechados a un máximo de 50 e limitar a un terzo do seu aforo outros espazos.
En breve ampliarase información.