DeportesÚltima hora

A Xunta autorizará a caza, de xeito excepcional, para evitar incidencias por parte da fauna salvaxe

A Cecop trasladará ao Goberno do Estado esta medida coa que pretende evitar accidentes de tráfico ou danos agrícolas, entre outros

 

Na reunión do Cecop (Centro de Coordinación Operativa), celebrada na mañá deste sábado 25 de abril, aprobábase entre outras, unha decisión vencellada á actividade cinexética: autorizar accións de caza de xeito excepcional naquelas zonas con maior risco. A medida tómase “para evitar posibles incidencias que a fauna salvaxe poida provocar e primar así a seguridade das persoas e do tráfico viario, ademais de reducir os danos nas extensións agrarias, no inicio da época de semente”, tal como informan dende o Centro.

Un dos animais que máis danos causan en cultivos e estradas é o xabarín, especialmente durante a corentena derivada do estado de alarma que empeorou a situación ao quedar prohibida calquera acción de caza que puidese limitar os movementos deste animal, que aproveita o confinamento dos humanos para avanzar sen freo. De aí que a consellería do Medio Ambiente propuxera a autorización de batidas para frear ese avance.

A decisión do Cecop será trasladada ao Goberno do Estado.

 

Artigos relacionados

Back to top button