ConcellosO BarcoÚltima hora

A Xunta de Goberno Local do Barco aproba axudas a entidades

Imaxe do Concello Vello do Barco.

 

A Xunta de Goberno Local do Concello do Barco, nunha xuntanza celebrada o 15 de setembro, aprobaba axudas para este ano 2023 a diversas entidades, boa parte delas do municipio. Son un total de 8: o Club Adas Cupa (15.750 euros), a Asociación Española contra o Cancro (1.764 euros), a Asociación de Iniciativas de Apoio á Infancia (4.410 euros), a Asociación de Familiares de Discapacitados Intelectuais de Valdeorras (7.717,50 euros), a Asociación Bergidum exdependientes (3.307,50 euros), Cáritas Interparroquial do Barco (8.820 euros), a Asociación de Familiares de Enfermos Mentais (5.512,50 euros) e ao Orfeón Valdeorrés (4.410 euros).

Artigos relacionados

Back to top button