EconomíaEconomíaÚltima hora

A Xunta de Seguridade de Quiroga aborda os dispositivos para a Feira do Viño e a Mostra do Aceite

 

Esta mañá a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, presidían a Xunta Local de Seguridade que analizaba os dispositivos preparados para velar pola seguridade durante dos eventos que se van celebrar neste concello e aos que está prevista a afluencia de numerosas persoas. Trátase da XLI edición da Feira do Viño, que terá lugar do venres 7 ao domingo 9 de abril, e a celebración da XXII Mostra do Aceite.

A Xunta Local de Seguridade examinou as previsións existentes para estas dúas citas, así como os lugares que poden resultar máis conflitivos pola posible aglomeración de persoas e vehículos, polo que se coordinou o labor que desenvolverán os distintos corpos de seguridade e de emerxencia para previr incidencias con motivo destes eventos.

Na xuntanza, celebrada esta mañá na Casa do Concello participaron, ademais da subdelegada do Goberno e do rexedor, responsables da Garda Civil e do Subsector de Tráfico e da Policía Local. No referente á análise da situación da seguridade cidadá, a Policía Local tamén mostrou os datos das súas intervencións durante o pasado ano. Dos datos presentados despréndese que descenderon as denuncias de tráfico (de 51 no 2021 a 27 no 2022) e os controis nos que se requiriu a documentación aos condutores (41 intervencións). Os apoios a outros organismos e ao cidadán como en temas de accidentes, actos relixiosos, apoios a colexios ou accidentes mantivéronse nos mesmos niveis de anos anteriores.

 

 

Ademais, como se puxo de manifesto na xuntanza, a criminalidade no Concello de Quiroga permanece en taxas por debaixo da media provincial, que a súa vez é inferior á media galega e a de España. Así, en 2022 a taxa foi en Quiroga de 16‰, o que supón 8 puntos menos que a media provincial (24,16‰), e moito menos que a media de Galicia (32,7‰) e de España (41,3‰).

Artigos relacionados

Back to top button