ConcellosO BarcoÚltima hora

Investigado no Barco o condutor dun ciclomotor como “presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico”

Vehículo da Policía Local do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Policía Local do Barco de Valdeorras vén de abrir dilixencias como “investigado” ao condutor dun ciclomotor (repartidor de pizzas na vila) que “presuntamente cometeu un delito contra a seguridade do tráfico ao non ter obtido nunca autorización administrativa para conducir”, din dende a Policía Local, explicando que se trata “dun delito do artigo 384 do Código Penal”, co cal se enfronta a “de tres a seis meses de prisión, pena de multa ou a traballos da comunidade”.

Artigos relacionados

Back to top button