EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Xunta destinará 46.000 euros á promoción da Ruta do Viño de Valdeorras

Tamén recibirán esa mesma cantidade cada unha das rutas das outras catro denominacións de orixe galegas: as do Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Rías Baixas
Imaxe dunha das xornadas de portas abertas da Ruta do Viño de Valdeorras./ Foto: A.R.

Na reunión que o Consello da Xunta celebraba na mañá do 5 de abril autorizábase a subscrición de varios acordos de colaboración ente Turismo de Galicia e as Rutas do Viño das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas ata o ano 2021. “A través destas convenios, o goberno galego apoiará o desenvolvemento das actividades programadas polas distintas rutas (Valdeorras, Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Rías Baixas) dentro das súas xornadas de portas abertas”, tal e como se informa dende a Xunta de Galicia.

Deste xeito búcase afondar na promoción do enoturismo polo seu valor engadido e diferenciador nunha oferta turística de calidade. En conxunto investiranse 230.000 euros ao longo dos vindeiros catro anos. “A través dos cinco convenios (de 46.000 euros con cada unha das das asociacións titulares das rutas do viño) darase apoio a actividades como os buses do viño, catas, guías, obradoiros e outras actividades, promoción e publicidade”, segundo a Administración galega.

As rutas do viño, din dende a Xunta, “constitúen un elemento esencial no impulso do enoturismo de Galicia, implicando á totalidade do sector enolóxico interesado en potenciar a súa vertente turística”.

Artigos relacionados

Back to top button