ConcellosO BarcoÚltima hora

A Xunta licita a explotación da Estación de Autobuses do Barco de Valdeorras

As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de setembro a través da Plataforma Contratos Públicos de Galicia

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita a concesión de servizos para a xestión da explotación das estacións de autobuses do Barco de Valdeorras, de Monforte de Lemos, e de Sarria por un valor estimado de máis de 811.000 euros (sen IVE).

A Plataforma Contratos Públicos de Galicia vén de publicar a licitación deste contrato, ao que as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de setembro.

Unha vez finalizados os contratos de concesión de servizos para a xestión da explotación do servizo público destas tres estacións de autobuses, cómpre licitar un novo contrato de explotación, que terá un prazo de 5 anos.

Estas estacións de autobuses contan con plataformas cubertas para a subida e baixada dos usuarios e zona de espera independente.

O concesionario do servizo de explotación prestará ou facilitará os servizos preparatorios e complementarios do transporte a usuarios e transportistas e proporcionará os servizos de facturación, consigna, venda de billetes e información ao viaxeiro.

O adxudicatario do contrato tamén deberá cumprir coas tarefas de conservación e mantemento das instalacións.

Artigos relacionados

Back to top button