A RúaConcellosÚltima hora

A Xunta presenta ao Concello da Rúa os programas de rehabilitación de vivendas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez e o rexedor municipal, Álvaro Fernández, mantiveron unha reunión para analizar as demandas municipais

O alclade da Rúa, Álvaro Ferández e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

Na mañá deste luns 8 de novembro o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantiñan unha reunión na que repasaron as principais demandas deste municipio, así como as liñas de axudas que existen entre os distintos programas, pensadas concretamente para os concellos máis pequenos, como é o caso da Rúa 

Nese sentido, Vázquez trasladoulle información respecto dun novo programa de préstamos de apoio ás entidades locais –dotado con 3 millóns de euros-, que terá un funcionamento similar ao Fondo de cooperación –facilita créditos sen xuros cunha vixencia máxima de oito anos a concellos de menos de 50.000 habitantes-. Grazas a esta liña facilítase aos concellos a liquidez necesaria para promover ou comprar vivendas de nova construción dirixidas a alugueiro social.

Outro programa ao que poden optar é o dirixido a concellos para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal, que estarán dotadas dunha partida orzamentaria de 2,1 millóns de euros. Un programa grazas ao que sumamos 172 vivendas municipais rehabilitadas por importe de 6,3 millóns.

 

Un momento da reunión na Consellería.

 

Por último, trasladoulle información sobre as axudas de rehabilitación de infravivenda municipal, un programa pensado para mellorar o estado de inmobles localizados en municipios de menos de 10.000 habitantes a través de obras que garantan unhas mínimas condicións de habitabilidade, que contarán con 370.000 euros para o vindeiro exercicio.

Espazos públicos máis humanos

A conselleira de Medio Ambiente salientou que outra forma de atraer e afianzar o arraigo é facilitando aos veciños os espazos públicos nos que poder interactuar. Recordou que o Goberno galego tamén dispón orzamento para o financiamento de actuacións de mellora e humanización de espazos públicos, cos que se apoiou a materialización de máis de 300 actuacións urbanísticas en decenas de concellos galegos, cun investimento global de case 150 millóns de euros.

Explicou que esta liña de humanización das vilas galegas manterase ao longo do ano 2022, polo que se habilitará unha partida orzamentaria de 7 millóns de euros, para contribuíu a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida dos seus veciños.

 

Artigos relacionados

Back to top button