ConcellosTrivesÚltima hora

A xuntanza de antigos alumnos do Colexio Santa Leonor de Trives remata cun xantar

 

Arredor da mesa remataba na tarde deste 12 de agosto a XXI Xuntanza de Antigos Alumnos do Colexio Santa Leonor-Virxe da Luz de Trives. Unhas 90 persoas compartían nas instalacións deste antigo centro un xantar cheo de conversas, bo humor e recordos no que se servía un menú de empanada, langostinos, cordeiro e unha sobremesa moi especial cos deliciosos “hojaldres” que Paco Cossío traía dende Cantabria. Deste xeito completaban unha emotiva xornada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button