ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá reúne a unhas 300 persoas no xantar solidario de Manos Unidas

 

A Delegación de Manos Unidas en Rubiá leva organizando o xantar solidario dende o ano 2003, salvando a pandemia, e no mediodía deste domingo 11 de maio, celebrábase unha nova edición no pavillón municipal ao que asistían unhas 300 persoas. Unha cita gastronómica na que non faltaban bocadillos (de chourizo, salchichón, queixo,…), ademais de empanadas, tortilla de patacas,… nin tampouco os doces caseiros ou o café.

 

 

Coma sempre ao final tiña lugar unha tómbola con infinidade de agasallos doados por diferentes establecementos comerciais de Valdeorras que sempre colaboran coa causa.

 

 

Entre os asistentes, veciños de Rubiá e de diferentes partes da comarca, estaban os sacerdotes que se están facendo cargo das parroquias do municipio trala marcha de D. Daniel Pérez para A Rúa, como son o párroco do Barco, Jesús Álvarez acompañado por varias monxas da súa parroquia; o de Sobradelo, Juan José Prieto; o de Viloira e Vilamartín, Javier Calvo; e o do Puente de Domingo Flórez, Cristopher José Vásquez.

 

 

A recadación desta cita solidaria irá coma sempre destinada a dous proxectos da campaña contra a fame: un na India (Asia) para a mellora da prevención e atención sanitaria en 6 aldeas tribais de Paratwada (Maharashtra); e outro en Paraguay (América) para seguridade alimantaria, auga e educación en comunidade indíxenas Enxet Sur. Chaco.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button