ConcellosÚltima horaVilamartín

A xuntanza de Asociacións de Mulleres Rurais de Valdeorras reúne en Vilamartín a máis de 130 persoas

O acto estivo organizado polas Mulleres Rurais de Arcos

 

Organizada pola asociación de Arcos para conmemorar o Día Internacional da Muller, a xuntanza de Asociacións de Mulleres Rurais de Valdeorras reunía neste sábado 11 de marzo a un total de 132 persoas.

 

 

A reunión, paralizada dende a pandemia, tiña lugar no Paladium (Vilamartín de Valdeorras) ata onde foron as mulleres rurais da comarca (Arcos, Córgomo, Veigamuíños, Viloira, Éntoma, A Veiga,…) así como dúas representantes da federación, FEMURO.

 

Beatriz Vázquez lendo un dos poemas durante o acto.

 

Tal como explica a secretaría Beatriz Vázquez, antes do xantar as asistentes facían a foto de familia e procedíase á lectura de poemas por parte da representante de cada unha das asociacións. Tamén houbo agasallos conmemorativos do día e tralo xantar, a festa continuaba con baile.

 

Representante de FEMURO.

 

Neste acto as Mulleres Rurais de Arcos pasaban a testemuña ás de Veigamuíños que serán as encargadas de organizar as xuntanza o ano que vén.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Máis imaxes no seguinte enlace: https://osil.info/a-xuntanza-comarcal-de-asociacion-de-mulleres-rurais-en-imaxes/

 

Artigos relacionados

Back to top button