ConcellosEntroido 2024PetínÚltima hora

A xuntanza de folións dos Arrieiros celebrarase o 27 de xaneiro en Petín

O Folión Os Arrieiros de Petín, na xuntanza do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Quentando motores están xa os folións para vivir con intensidade un Entroido que este ano vén moi cedo. Tanto que a xuntanza que cada ano organizan os Arrieiros de Petín celebrarase o sábado 27 de xaneiro.

Será coma sempre pola tarde e no desfile participarán o Folión Os Arrieiros de Petín, A Caniceira de Trives, o Folión de Chandrexa de Queixa, o Folión de Buxán, As Maceiras de Trives, O Irrio de Caldelas e Os Labregos, tamén de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button