ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

A XV Festa da Vitela reúne a unhas 700 persoas no Bolo, neste Sábado Santo

 

A piques de despedir a Semana Santa, no mediodía deste sabado 19 de abril, O Bolo celebraba a XV edición dunha animada Festa da Vitela.

 

 

Nunha fría e chuviosa xornada, trala homenaxe ao médido das Ermidas, D. Sebastián Ricoy e a apertua da II edidición da feira de produtos tradicionais que contaba cunha quincena de postos con obxectos de artesanía, doces, viño, aceite e mel, en torno ás 14 horas abríanse as portas do pavillón municipal no que se xuntaban unhas 700 persoas para dar conta dun menú elaborado e servido por Mantesil a base de vitela, patacas, chourizos e garavanzos. De primeiro sopa e de postre roscón e bica, ademais da bebida o café e os chupitos.

 

 

Entre os asistentes, moitos veciños do municipio e tamén de localidades veciños como A Rúa e o Barco; e tamén representantes políticos como alcaldes da contorna, o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles ou o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.

A festa continúa pola tarde coa feira na carpa instalada diante do pavillón e o acompañamento musical de Dj Josete.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella salvo dúas da galería que son cedidas.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button