EconomíaEconomíaÚltima hora

A XV Festa do Codillo da Rúa homenaxeará a Ramón García “Ragar” e Antolín Rodríguez

Así se aprobaba por unanimidade no Pleno ordinario celebrado o 8 de xaneiro

Ramón García e Antolín Rodríguez.

 

Ramón García, máis coñecido como “Ragar” e Antolín Rodríguez serán os homenaxeados da XV edición da Festa do Codillo da Rúa que se celebrará o 27 de xaneiro.

Así se aprobaba por unanimidade no Pleno ordinario celebrado na tarde do 8 de xaneiro no Concello da Rúa. No mesmo, a alcaldesa María G. Albert destacou o labor dos dous empresarios que desenvolveron con éxito un gran labor cada un no seu ámbito na última metade do século XX e nos primieros anos do XXI, cunha gran representatividade no concello da Rúa.

 

Pleno de xaneiro na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ramón García, primeiro presidente e fundador da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras e fotógrafo de profesión, destaca polo gran arquivo fotográfico da vida social, económica e paisaxístiva da Rúa. Antolín Rodríguez, fundador de Musicales Antolín e falecido en 2022, foi todo un referente no ámbito festivo e será o primeiro homenaxeado a título póstumo.

Esta homenaxe foi o único punto de unión entre toda a corporación municipal, nun pleno a proba para ser retransmitido a través da canle de YouTube do Concello, no que unha vez máis reinou a discordia, con reproches no turno de rogos e preguntas.

 

Artigos relacionados

Back to top button