EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XVII Feira do Viño de Valdeorras preséntase en Lugo

O acto contaba coa presenza da sumiller Mercedes González quen afondou nas características desta zona vitivinícola e dos seus caldos
Imaxe do acto de presentación da mostra valdeorresa en Lugo.
Imaxe do acto de presentación da mostra valdeorresa en Lugo.

A mostra dos viños de Valdeorras é “desas feiras que me gustan especialmente porque é das poucas nas que podes encontrarte cos adegueiros cos que intercambiar opinións, contaxiarte da paixón coa que che transmiten o seu proxecto e, en definitiva, de desfrutar do viño, que para iso está feito, para desfrutar”. Con estas palabras a sumiller Mercedes González comezaba o acto de presentación da XVII Feira do Viño de Valdeorras, que se celebraba na mañá do 12 de xuño no Hotel Méndez Núñez de Lugo.

Referíase asemade ao conxunto de paisaxes de Valdeorras, destacando a súa “evocadora beleza”, pero tamén os seus “olores e sabores que además de a viño saben a risas. É en si unha caixa de sorpresas e que ninguén discutirá, berce da godello orixinal”. E lembraba a longa tradición do viño nesta terra, que se remonta á época romana, e a súa pegada xacobea. “Entre viñedos discurre tamén unha parte do Camino Francés, Camiño de Inverno que desde Ponferrada polo Bierzo transcurre polo sur de Valdeorras para encamiñarse á Ribeira Sacra e á comarca do Deza”.

De seguido tomaba a palabra o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luis García Pando, quen adiantaba que na Feira do Viño, que terá lugar os días 12 e 13 de xullo no Barco o visitante poderá catar ao redor dun cento de marcas das 21 adegas que contarán con stand no certame. Tamén resaltou a presenza da gaiteira e pianista ourensá Cristina Pato, do cineasta de orixe valdeorresa Ignacio Vilar (con parte dos actores da súa última película “A Esmorga”) e a retransmisión dende o Teatro Lauro Olmo do Barco do programa “No es un día cualquiera” de Radio Nacional de España.

Pola súa banda, o alcalde do Barco, incidía nas bondades dos viños de Valdeorras e no conxunto de recursos turísticos desta zona ourensá, convidando ao público a visitala e descubrir o que pode ofrecer “de paisaxe, gastronomía e viños”.

No acto de presentación contouse tamén coa presenza do primeiro tenente de alcalde e delegado de Urbanismo e Medio Ambiente de Lugo, Luis Álvarez Martínez; da deputada provincial, Pilar García Porto; do conselleiro delegado executivo da Confederación de Empresarios de Lugo, Jesus Quintá García; e do presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, José Francisco Real Castro.

Tras a presentación, tiña lugar unha degustación de viños de Valdeorras, guiada polo director técnico desta D.O., Jorge Mazaira, quen explicou a súa maridaxe con pinchos da nova cociña gallega.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button