Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A XVIII Andaina da Castaña celebrarase o 25 de outubro en Parada de Sil

Imaxe da pasada edición desta andaina./ Foto cedida.

 

O vindeiro sábado 25 de outubro terá lugar a XVIII edición da Andaina da Castaña e a Andaina para cativos. Na dos maiores haberá dous percorridos a escollar, un de 25 km e outro de 18,5 km, mentres que o traxecto da proba dos nenos será de 3,5 km

Estas andainas, que forman parte da Liga Galega de Andainas e da Liga Ibérica de Senderismo, serán organizadas polo Club de Montaña Ribeira Sacra en colaboración co Concello de Parada de Sil.

Para completar o prograa está previsto un magosto cea ás 20:30h., cun prezo de 20 euros.

 

Back to top button