En portadaÚltima horaVídeos

A XX Volta a Galicia ao seu paso polas Ermitas, no concello de O Bolo

Fernando Tercero foi o vencedor da terceira tirada da ronda galega que percorreu nove municipios do oriente ourensán

 

A gran xornada da XX Volta a Galicia 2022 non defraudou neste sábado 27 de setembro, sobresaíndo o ciclista Fernando Terceiro López (Eolo-Kometa) na ascensión á Estación de Montaña Manzaneda, onde levantaba os brazos despois de demostrar o seu nivel como escalador superando nos quilómetros finais aos seus verdugos na pasada Volta.

 

Público nas Ermitas atento á pasada dos ciclistas.

 

Paso dos cliclistas co Santuario das Ermitas de fondo.

 

O ciclista manchego colocábase á fronte da xeral, tendo a un só paso o cetro galego, despois de completar os 114 quilómetros da terceira tirada da ronda galega con saída e meta na Estación de Montaña Manzaneda, que atravesou nove concellos do oriente da provincia: Trives, Larouco, Petín, A Rúa, Vilamartín, O Barco, A Veiga, O Bolo e Manzaneda, pasando por fermosas paraxes, preto nalgúns casos de verdaderias xoias arquitectónicas.

 

 

É o caso do Santuario das Ermitas na localidade de nome homónimo, no municipio de O Bolo, un dos puntos polos que rodaba a gran velocidade o pelotón pasadas as dúas e media da tarde deste sábado, cos veciños da aldea pendentes dos deportistas tralo paso por A Veiga, O Covelo e O Cruceiro. O seguinte punto polo que pasaron os ciclistas, rumbo xa á meta na estación de montaña, era Soutipedre (porto de 2ª categoría) xa no concello de Manzaneda.

 

 

 

 

 

Mañá pecharase esta Volta do 20 aniversario cunha etapa que regresará á provincia de Pontevedra, para saír e morrer en Ponteareas, cubrindo un percorrido de 125 quilómetros por terreo moi crebado, destacando a subida ao alto de Estacas (2ª categoría). Ben é certo que, sobre o papel, é a xornada de menor dificultade da carreira, polo que, salvo sorpresa, a pelexa pola camisola amarela quedaría hoxe sentenciada en favor de Fernando Terceiro, xa que iniciará este cuarto e último parcial con máis dun minuto de renda sobre Edgar Cadea.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos cedidos.

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button