EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A XXI Festa da Freba reúne a unhas 450 persoas en Petín

 

Dous anos despois da última edición, Petín recuperaba neste sábado 3 de decembro de 2022 a súa Festa da Freba seguindo o es quema do ano 2019.  Así, tralo aperitivo que a xente tomaba nos bares da praza, aproveitando o sol da xélida mañá e coma sempre en plena ponte da Constitución, pasadas as dúas da tarde a carpa instalada a carón do Tele Club) abría as portas a unha das edicións máis esperadas aínda que non foi a máis numerosa.

 

 

En torno aos 450 comensais asistían a esta cita gastronómica de referencia na comarca de Valdeorras en plena tempada de matanzas. Unha coincidencia máis que planificada xa que o menú céntrase na carne de porco. De primeiro, consomé con picatostes e ovo cocido; de segundo, chourizo cocido con cachelos; e como prato forte, as frebas de porco á grella (ademais de viño, postre, licores e café). Todo servido por Mantesil, un dos cambios introducidos xa na anterior edición da festa que acostumaba a ser servido por xoves voluntarios da vila e que se mantiña este ano, igual que o feito de celebrarse ao mediodía en lugar de pola noite.

 

 

O que non cambiou foi a elaboración das frebas, á grella no exterior da carpa. E con respecto aos asistentes, coma sempre moita xente nova de toda a comarca e de fóra, pero tamén xente maior que non perde unha edición dunha animada festa que remataba coa música de Danzalia Disco Show. Este ano a homenaxe foi para Pilar Rodríguez, en representación da familia de Petín que cada ano prepara os caracois acesos na procesión da Soidade, o Venres Santo

 

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button