En portadaÚltima hora

A XXIV Feira do Viño de Valdeorras afronta a súa recta final

 

Nesta segunda xornada da XXIV Feira do Viño de Valdeorras eran xa moitas as persoas que durante a mañá visitaban o recinto feiral, situado na praza de Viloira (O Barco), para probar os tintos e brancos da vintena de adegas que participan nesta edición.

 

 

Ademais, entre outras actividades, desenvolvíase un obradoiro de cociña infantil para os máis pequenos nos  Xardíns da Casa Grande.

Pola tarde, as casetas reabrían as oito e tamén se inclúen propostas como unha cata maridada con petiscos elaborados por Café Teatro Bajo 5 do Barco (para o que era precisa inscrición previa no Consello Regulador da D.O. Valdeorras) e tamén un showcooking a cargo do cociñeiro Héctor López do Grupo Nove.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button