EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XXVII Festa da Castaña e o Cogomelo e Xantar, próximas citas da D.O. Monterrei

Imaxe: D.O. Monterrei.

 

Ao longo das próximas xornadas, a Denominación de Orixe Monterrei participará en dous dos eventos gastronómicos que levarán a cabo na provincia de Ourense. O primeiro deles será a XXVII Festa da Castaña e o Cogomelo de Riós, que terá lugar mañá domingo, e na que o Consello Regulador contará cunha caseta propia onde ofrecerá información da denominación, características edafoclimáticas, variedades de uva ou peculiaridades dos brancos e tintos, entre outras cuestións. Ademais, os que se acheguen a este espazo promocional tamén poderán degustar os viños da denominación.

Así mesmo, os tintos e brancos de Monterrei estarán presentes na comida popular que se organiza con motivo deste evento. Nesta iniciativa participarán as seguintes adegas rexistradas na denominación: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, José Luis Gómez Ibáñez, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.

O segundo evento no que tomará parte a D.O. Monterrei será a 23ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará do 9 ao 13 de novembro en Expourense. A D.O. Monterrei volverá aproveitar este evento gastronómico “para reforzar a imaxe de marca, así como promocionar o produto que se elabora no territorio. Todo co obxecto de chegar aos diferentes sectores participantes neste foro como canle Horeca, distribución, escolas de hostalería ou prensa especializada, entre outros”, avanza a D.O. Na iniciativa do Túnel do Viño participarán, por parte da D.O. Monterrei, as seguintes adegas: Ladairo, Gargalo, Triay Adegas de Oímbra, Alba Al-Bar (Daniel Fernández) e Trasdovento. Así mesmo, os viños da D.O. Monterrei estarán presentes maridando os pratos elaborados con produtos de calidade de Galicia nos showcookings de Xantar.

Artigos relacionados

Back to top button