
Entre as actividades organizadas pola Asociación de Mulleres Rurais “Os Navallos”, no concello do Bolo, hai charlas e tamén xantares. O do ‘Cocido’ está previsto para este sábado 12 de abril no Restaurante Volobriga, no Bolo, a partir das 14 horas.
Ao redor da mesa adoitan xuntarse un bo número de mulleres para degustar o menú a base de cocido. A data para apuntarse remata hoxe, mércores 9 de abril e dende a organización solicitan a “colaboración da xente, intentando adiantar a hora de chegada antes das dúas para facer a recaudación do importe da comida” 23 euros para os socios e 26 para os non socios.



