En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A XXVIII Festa da Carne de Montederramo reúne a unhas 1.400 persoas en torno ao xantar

 

Como cada 12 de outubro dende hai case vinte anos (salvando os da pandemia), Montederramo vive dun xento especial o Día do Pilar.

 

 

 

En torno ás 1.400 persoas (aforo completo con colas para acceder) reuníanse no mediodía deste xoves na praza do Concello para dar boa conta do menú, regado con viños da Ribeira Sacra da XXVIII Festa da Carne de Montederramo.

 

 

En empanada, ao caldeiro e richada, son as tres formas nas que os asistentes á festa gastronómica puderon degustar este produto típico da zona de montaña da provincia de Ourense, nunha xornada que comenzaba xa de boa mañá coa exposición e venda de produtos nos postos do mercadiño, así como a V Exposición de Gando Vacún organizado polos gandeiros do municipio. E xa en torno ás 14 horas abríanse as portas da carpa, aínda que tamén houbo xente que xantou en diferentes establecementos da  vila.

 

 

No menú tampouco faltou a  bica de postre nin a música a cargo de dúas charangas: Nova Trives que actuaba pola mañá e El Tatoo pola tarde, ámbalas dúas da Pobra de Trives. Ademais este ano incorporábase o café, unha das novidades desta edición da festa, a primeira para o novo alcalde, Óscar Diéguez que se plantexaba como obxectivo darlle un pouco de repercusión á baixada do gando “para que a xente vexa como o fan os gandeiros” con horarios establecidos tanto o día anterior pola tarde como hoxe pola mañá antes da feira. “Á xente encántalle e nós estamos abrumados coa cantidade de gandeirías que deciden participar no evento. A Feira ten moi bo recibimento e todo o mundo quere vir e traer gando e para un concello como o noso, punteiro en gandeiría, é un pracer que se involucren así”, aseguraba Óscar Diéguez uns días antes da exposición de gando no marco da Festa da Carne de Montederramo.

 

 

Entre os asistentes ao xantar, acompañando ao alcalde de Montederramo Óscar Diéguez, estaban alcaldes da contorna como a de Castro Caldelas Sara Inés Vega, o de San Xoán de Río Xosé Miguel Pérez Blecua, o de Parada de Sil Aquilino Domínguez e o anterior rexedor local Antonio Rodríguez, ademais do delegado da Xunta en Ourense Gabriel Alén, entre outras autoridades.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Carlos G. Hervella e cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button