Coa carreira da categoría Sub10, cunha distancia de 268 metros, poñíase en marcha ás 18h. deste domingo 17 de setembro a XXXV Milla Urbana do Barco, que volvía encher de atletismo, competición e moito público o circuíto do Paseo do Malecón. A partir de aí virían as probas dos Sub12, Sub14 e Sub16, as dos Sub18/Sub20 e as dos máster e populares. O que supoñía unha participación que rondaba o cento de corredores.
Ás sete da tarde interrompíase á competición para renderlle homenaxe aos atletas valdeorreses da pasada tempada, dende as categorías base ata os veteranos. Desta volta os agasallados eran Mateo Valcarce Fernández, Aarón Pérez, Javier Cid, Sergio Fernández, José Manuel García, Conchi Prada e Inés Docampo. Tamén se homenaxeaba a dúas empresas colaboradoras da Milla: Supermercados Gadis e Ambulancias Sil. No acto contábase co delegado en Valdeorras da Federación Galega de Atletismo, Manuel Rodríguez, e co presidente da Federación Galega de Atletismo, Ivan Sanmartín.
Despois comezaban as entregas de premios das carreiras da base, sendo os gandores nas categorías masculinas os seguintes: Roi Gallego en Sub10, Brais Rodríguez en Sub12, Mateo Valcarce en Sub14, Víctor Delgado en Sub16.
Por outra banda, en Sub10 feminino a ganadora era Paula Crespo, en Sub12 Irina Sánchez, en Sub14 Tania Peláez e en Sub16 Sabela Castelo.
Xa ás sete dábase paso as carreiras dos atletas máis xoves de Milla, os de 6 e 7 anos, os de 4 e 5 anos e os de 3 anos ou menos. Nesta última categoría o Periódico O SIL entregaba un trofeo ao corredor máis pequeniño e a corredora máis pequeniña, que nesa edición eran Theo e Lisa, respectivamente.
Despois dábase paso á competición dos atletas elite, que pechaban o programa da Milla Urbana do Barco.
Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.
Máis información, fotos e vídeos:
Mohamed Attaoui e Sara López, ganadores absolutos da XXXV Milla Urbana do Barco