EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A XXXVI Feira do Viño de Quiroga abre as súas portas

Nesta edición, que se celebrará na fin de semana do 31 de marzo e 1 de abril, poden catarse os viños de sete colleiteiros

En torno ás 11:45h. do 31 de marzo cortábase a cinta inaugural da XXXVI Feira do Viño de Quiroga, cuxo recinto feiral está instalado na rúa Real da vila. O acto contaba coa presenza do director xeral de Agader, Miguel Ángel Pérez, que estaba acompañado polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, entre outras autoridades.

A partir de aí, numerosas persoas, entre eles os membros da Confraría dos Viños de Quiroga, comezaban a visitar as casetas e a catar os viños de sete colleiteiros: Gaspar Álvarez (As Medas), Elías González (Carballo de Hospital), Antonio Vázquez e José Luis Rodríguez (San Xulián de Abaixo), María Oliva Cao (Bendollo), Alfonso Núñez (Novaes) e Secundino Rodríguez (Toucedo).

Tamén había expositores de diferentes produtos locais de Quiroga como mel, aceite de oliva, licores, marmeladas artesás ou mesmo artesanía en madeira, enre outros. Ademais, para acompañar o viños cabía a posibilidade de degustar pulpo en numerosos postos.

Ás oito e media desta tarde de Sábado Santo terá lugar a lectura do pregón, desta volta a cargo da xornalista e presentadora viguesa Carlota Corredera.

 

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-iii-certame-celtiberico-de-quiroga-reune-a-unha-ducia-de-bandas-de-gaitas/

 

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as dúas primeiras que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button