A comisión organizadora da XXXVIII Feira do Viño de Quiroga vén de reunirse e na súa xuntanza valoraba a posible elección dunha nova data para esta edición. Tamén acordaba esperar acontecementos e traballar nun “plan B, por se as condicións respecto ao avance do coronavirus son distintas ás actuais, para celebrar o evento os días 25 e 26 de xullo e as actuacións e actividades relacionadas coa feria no mes de xullo”.
Tras esta reunión tamén se deu a coñecer o nome do pregoeiro desta edición, “o polifacético Carlos Sobera”, actor, presentador e foi profesor universitario. Actualmente presenta os programas de Telecinco “Volverte a Ver”, “Supervivientes En Tierra de Nadie” e “Gran Hermano VIP”; e en Cuatro “First Dates” e “First Dates Crucero”.