
A Coral De Ruada de Ourense está a celebrar unhas xornadas para honrar a memoria dos membros da Xeración Nós, un grupo que constituíu o xerme das moitas iniciativas sociais, culturais (entre elas a propia coral De Ruada) e políticas que floreceron en Galicia nos primeiros lustros do pasado século e que fundaron e editaron a revista Nós”, explican dende a coral. O programa da homenaxe arrancaba o 30 de outubro cunha misa na Igrexa dos PP. Franciscanos cantada polo coro ourensán, e continúa mañá 3 de novembro cunha visita guiada ao cemiterio de San Francisco ás 17 horas a cargo do profesor Afonso Vázquez-Monxardín.
O acto central e clausura das xornadas terá lugar o sábado 5 de novembro no Liceo de Ourense (salón nobre) ás 20h. coa disertación “Ourense e a Xeración Nós” polo profesor Xosé Fernández Fernández e a actuación de tres agrupacións: Abertal da Rúa, Real Coro Toxos e Froles de Ferrol e a anfitriona, Coral De Ruada.
