Galerías de fotosÚltima hora

Abertal celebra o magosto a ritmo de gaitas

Primeiro foi en Fontei, despois na Rúa Vella e na Estación e na tarde-noite do 7 de novembro, era a escola de gaitas e baile tradicional Abertal, a que celebraba o seu particular magosto na Casa da Cultura da Rúa.

En torno ás oito e media da noite os asistentes degustaban os bocadillos de chourizo acompañado dun bo viño, precedendo ás saborosas castañas previamente asadas. Nenos, maiores, prefesores, alumnos e ata o alcalde e a tenente de alcalde da Rúa desfrutaron así dunha das festas máis tradicionais da cultura galega, na que o son das gaitas non podía faltar.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button