Con cambio de hora e lugar sobre o previsto inicialmente celebraba Abertal o Día das Letras Galegas. O acto comezaba ás 12 horas deste venres 17 de maio no Centro Cultural Avenida da Rúa co Pasodoble de Lalín interpretado pola banda de gaitas.
A partir de aí, pasaban polo escenario os diferentes grupos da escola dende os máis pequeniños que con apenas 4 e 6 anos encandilaron ao público cantando, tocanado a pandeireta e bailando, ata os maiores, pasando polos medianos.
O festival co que Abertal rende a súa particular homenaxe á lingua galega, incluía uns versos e pequena disertación sobre Luísa Villalta e a entrega de premios ás gañadoras do concurso de debuxo organizado con motivo do Día das Letras Galega: Carlota, Zoe e Icia, cuxas obras serviron para ilustrar o cartel do evento.
Un evento que remataba co Himno Galego interpretado pola banda e que pode escoitarse neste vídeo cedido.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.