ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Abertal pon son ao Día das Letras Galegas na Rúa

A escola de música e baile tradicional celebrou un festival no Centro Cultural Avenida

“Penso que este será un dos últimos actos que presente como alcaldesa da Rúa e é para min unha honra que sexa precisamente hoxe, no Día das Letras que este ano homenaxea a Carlos Casares, una persona que destacou polas súas letras a través do ser compromiso político con este país, coa súa cultura e coa súa indentide. O Concello da Rúa quere poñer o seu gran de area con este festival. Moitas grazas a todos por vir”. Con estas palabras, María González presentaba o Festival das Letras que Abertal protagonizaba na tarde do mércores 17 de maio.

En torno ás oito, subía ao escenario a banda de gaitas interpretando o Pasodobre de Melide. E a partires de aí, sempre baixo a dirección e atenta mirada do director e mestre, Manolo Durán, foron actuando os diferentes grupos: de baile, pandeireta, acordeóns e tamén o coro que pechaba o acto coa interpretación de tres temas: Foliada de Carril, Pandeirada de Trives e Foliada de Amoeiro.

Numeroso público asistía ao acto polo que Durán aseguro que “o ano que vén repetiremos”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button