CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Abertal toca, canta e baila na Rúa polas Letras Galegas

 

Como unha das máximas representacións da cultura tradicional galega, a Asociación Cultural Abertal conmemora cada ano o Día das Letras e neste 2023 facíao con dúas actuacións fóra e dentro do concello.

Na tarde do mércores 17 de maio era unha das agrupacións de música e baile tradicionais que participaban na Romaría Etnográfica Raigame, en  Vilanova dos Infantes; e dous días despois actuaba na casa.

 

 

Na tarde do venres 19 de maio, unha boa representación de Abertal acudía á praza do Concello da Rúa para render a súa particular homenaxe á lingua galega. Primeiro facían unha introdución sobre a vida e obra do homenaxeado deste ano, Francisco Fernández del Riego, destacando o seu vínculo con Valdeorras; e de seguido sucedíanse as actuacións dos grupos de baile e pandereteiras comezando polos máis pequenos e rematando cos maiores, acompañados pola banda de gaitas e tamén un par de acordeóns.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button