
Dende o 16 deste mes de xuño e ata o 3 de outubro estarán abertas as inscricións para o 8º Gran Premio de Montaña-I Andaina Serra do Cereixido que se celebrará nos montes da Rúa o 6 de outubro.
A proba, organizada polo Club Atletismo Rúa, forma parte da Liga Galega de Sendeirismo e contará con dúas distancias: unha de 15 km e 700 m de desnivel e outra de 25 km e 1.157 m. Coma sempre a saída será na praza Enriqueta Casanova de Fontei.
As inscricións poden facerse online en www.galitiming.com e tamén de forma presencial nas tendas Okre de A Rúa e Foot on Mars do Barco.




