Xa están abertas as inscricións para o 9º Gran Premio de Montaña A Rúa, organizado polo Club Atletismo Rúa, que adianta a data e celebrarase o 1 de xuño dende a praza Enriqueta Casanova, en Fontei.

Nesta ocasión haberá un trail, de 24 km, que sairá ás 9 horas; e un mini trail de 17 km que sairá ás 9:30 horas.
Coma sempre as inscricións faranse a través da plataforma de Galitiming.





