ConcellosÚltima horaVerín

Aberto o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido 2023 de Verín

Desfile de Entroido en Verín.

 

Xa está aberto o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido de Verín deste ano. A data límite para formalizar a participación será o venres 10 febreiro, ás 19 horas.

“A orde de colocación do desfile irá en criterio da organización. Aquelas comparsas ou carrozas que non se apunten dentro do prazo de inscrición e preséntense no desfile directamente, serán colocadas ao final do mesmo”, puntualizan dende o Concello, indicando que os interesados en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de información turística de Verín para facela efectiva.

Tamén poderán realizar a inscrición tamén a través de correo electrónico, turismo@verin.gal, enviando os seguintes datos: nome e apelidos representante do grupo; número de teléfono; nome da carroza ou comparsa; número de participantes; se levan vehículo, ou plataforma móbil (medidas); e se levan música.

Ou a través do Tfno 988 41 16 14. O horario da Oficina de Turismo é de luns a venres, de 9:30 a 14:30 e de 16:30 a 19 horas.

Artigos relacionados

Back to top button