CulturaCulturaÚltima hora

“Abracadabra, Rubén” unha historia máxica entre a fantasía e a realidade escrita pola bolesa Josefa Salgado

O libro infantil (a partir de 8 anos) está autoeditado e á venda en Amazon e na Casa do Libro, entre outros puntos

Josefa adicando un libro na feira medieval, no Bolo.

 

Josefa Salgado Pérez naceu no Bolo, terra á que regresa sempre que pode, aínda que dende o 2010 reside en Madrid onde traballa no corpo de Xestión Procesal na Administración de Xustiza, e sempre tivo unha gran imaxinación, sendo unha apaixoada da lectura, en especial da literatura fantástica.

 

Josefa Salgado co seu libro “Abracadabra, Rubén”.

 

“Cando non podía durmir sempre imaxinaba que escribía pero nunha me poñía”, conta a propia Josefa que descobre a súa faceta de escritora case por un accidente inesperado, froito quizás dunha imaxinación desbordante nunha noite de insomnio, da que xurdiu a súa opera prima, “Abracadabra, Rubén” (Rimpompante, 2022), unha historia na que se mesturan a fantasía e a realidade. “No real está Rubén que fala de xogos como as canicas, os columpios ou o xadrez; e no fantástico está a meiguiña Xosefa que conta historias varias do seu mundo (dragóns, ogros,…)”, avanza a propia autora asegurando que o libro está dirixido ao público infantil “dende os 8 anos sen límite”.

 

 

Autoeditado en formato de peto, co deseño e correccións do Equipo Rimpompante e con fermosas ilustracións de Eva D. Romero Santarelli, o libro está á venda en Amazon e na Casa do Libro, así como nalgunha libraría de Valdeorras e era precisamente en casa, na I Feira Irmandiña do Bolo, onde o daba a coñecer aos seus veciños.

 

Portada do libro.

 

Máis información na edición de setembro do Periódico O Sil en papel.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button