EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Abre as portas un novo local de hostalaría na praza Galicia, na Rúa

 

A Rúa conta dende hoxe cun novo local de hostalaría. Na mañá deste sábado 4 de marzo abría as portas o Bar Galicia, no número 8 da praza que lle dá nome, en pleno centro da vila.

 

 

Co obxectivo de converterese en novo punto de encontro social e gastronómico, ademais dun café, un viño ou unha caña, o bar ofrece unha boa selección de pinchos e racións de comida tradicional galega e tamén extremeña. Entrantes, carnes e pescados entre os que non falta a ensaladilla rusa, o solombo de tenreira ou o bacallau, pero tamén “cochinillo al ajillo”, troita á prancha ou navarra ou “ensalada de zorongollo”, entre outros.

 

 

Máis información e reservas no teléfono: 623 588 199 e no correo electrónico: bargaliciaarua@gmail.com.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button