
O Outono Fotoráfico xa está en marcha. O festival ourensán inauguraba no Centro Cultural Marcos Valcárcel a súa 34ª edición na tardiña do mércores 26 de outubro e facíao cunha exposición asinada pola burgalesa Aida Pascual. A través de “Arcadia”, a fotógrafa mostra ao público un compendio das súas obras sobre natureza que poderán contemplarse até o 20 de novembro.
“Aida Pascual reflexiona sobre a supremacía da orde natural por riba da vontade humana, a inmensidade da natureza fronte a insignificancia humana”, sinalou Vítor Nieves, como comisario desta mostra. Nesta inauguración tamén estivo presente o director do festival, Xosé Lois Foxo, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entre outros.
Continúa o festival hoxe, xoves 27 de outubro, no Museo Municipal da cidade ourensá, coa obra da artista Júlia Franco, con “Soji”. O programa de todas as exposicións, ao completo en http://outonofotografico.com/2016/.