En portadaÚltima hora

Ábrese ao público a praza posterior á igrexa de San Mauro, no Barco

Neste espazo investíronse 18.000 euros e o seu nome decidirase na vindeira comisión de Cultura

Imaxe da nova praza situada na parte posterior da igrexa de San Mauro no Barco.

O casco antigo do Barco dispón dunha nova praza. A finais do pasado ano concluían os traballos na praza situada detrás da igrexa de San Mauro. Agora, vén de poñerse a disposición dos veciños unha nova zona situada entre a parte vella barquense e o resto da vila.

O investimento realizado nesta praza, que é totalmente peonil e conta con ramplas de acceso entre a parte máis baixa e a contorna da igrexa, ascendeu a 60.000 euros, segundo o Concello do Barco. Ademais dende esta administración local adiántase que nos “próximos meses decidirase o nome da praza, tras as
moitas propostas entregadas no Concello por veciños do Barco. O nome acordarse nunha xuntanza da comisión de Cultura que se convocará para éste e outros asuntos”.

Artigos relacionados

Back to top button