CulturaCulturaÚltima hora

Ábrese o prazo de incrición no Campamento de Nadal do Barco que se celebrará no edificio da biblioteca

Exterior da Biblioteca Municipal do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Desde mañá, mércores 22 de novemebro, estará aberto o prazo de inscrición no Campamento de Nadal 2023, que este ano se celebra baixo o lema “Un barco cheo de bicos” no que se desenvolverán actividades de convivencia, como xogos cooperativos, de estratexia, de ciencia; contos de Nadal, educación emocional, contacontos; música e baile, obradoiros de manualidades, teatro e baile; concursos con agasallos e outras sorpresas e, tamén, actividades de ioga.

Dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, o campamento terá lugar entre os días 22 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024, en horario de 10 a 13 horas, con servizo de agarda de 9 a 10 e de 13 a 14 horas. Todas as actividades do campamento terán lugar no edificio da biblioteca, cun máximo de 60 inscritos (as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrega) e a data límite de inscrición é o 1 de decembro.

A recollida e entrega das follas de inscrición pode facerse tanto na Biblioteca Pública como na Librería Praxis. O prezo da actividade é de 40 euros por inscrito, e o servizo de agarda custa 10 euros por cada franxa horaria.

 

Artigos relacionados

Back to top button