CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Ábrese o prazo de inscrición na Escola de Música Tradicional de Pereiro de Aguiar

Os representantes da escola co alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor./ Foto cedida.

A Escola de Música Tradicional de Pereiro de Aguiar vén de abrir en xullo o prazo de inscrición para o vindeiro curso. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro dia 22 de setembro. Para ampliar información poden chamar ao 674608413 ou ben no mail emtsanbenito@gmail.com.

A Escola de Música Tradicional de San Benito, EMT San Benito, nace no ano 2017 en San Benito da Veiga, Pereiro de Aguiar, como resultado da reconversión da Banda de Gaitas “Os Fiadeiros” en escola de música tradicional, “afastándose da corrente das bandas de gaitas marciais copiadas de culturas foráneas como por exemplo a escocesa”, tal e como explican.

A escola está dirixida por Diego Prieto González, sendo tamén o mestre de Gaita. En percusión tradicional está o cargo Diego López Gómez. As actividades da Escola están dirixidas dende nenos a partir de 5 anos ata adultos, sen límite de idade.

 

 

No pasado 2018 este centro lograba representación na final do prestixioso Trofeo MacCrimmon*. “Este logro fai que a EMT San Benito pase a ser un referente na ensinanza de musica tradicional, non só a nivel da provincia de Ourense se non a nivel nacional. Isto tradúcese na incorporación a escola de alumnos que veñen dende distintos puntos xeográficos como A Pobra de Trives, Cea, Ourense, Barbadás, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, Lubián (Zamora)…”, tal e como se indica dende a escola.

A filosofía deste centro de ensino é a formación musical “do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación”, aseguran. Ao principio deste mes de xullo esta escola de música tradicional chegaba a un acordo coa corporación municipal de Pereiro de Aguiar, encabezada por Luís Menor, “para proporcionarlle á escola un novo centro e para financiar as súas actividades”, tal e como adiantan dende este centro de ensino musical.

Artigos relacionados

Back to top button